0
Cobra o músico?
p>
O músico poderá facer uso do vídeo para a súa propia promoción, e utilizalo como o desexe.
Nós, utilizaremos a música para crear o vídeo, e obviamente usaremos o vídeo segundo as nosas necesidades.
Cremos que é un sistema de copago bastante xusto, onde ambos sairemos beneficiados.
No entanto, na primeira fase do proxecto, e ao dispor de financiamento, andamos a barallar a posibilidade de facer pequenos pagos ao músico. É posíbel que fose a primeira vez na historia audiovisual que un músico cobra por que lle realicen un vídeo, xa que o habitual é todo o contrario
No futuro, en función de como se desenvolvan as vías de financiamento do proxecto, non se descarta repartir beneficios se os houber. Aínda que de momento non podemos prometer nin comprometernos a nada, máis aló de facer un vídeo como compensación, que non é pouco.