1

Fantasy // Iconoscopio #6

É rápido e veloz.

Cuxa misión é a de protexer a terra dos ataques de seres doutras galaxias.

Por planetas e galaxias, nunca ninguén che pode gañar.

Camiñando por novos territorios cara ao descoñecido.

Sexto vídeo do proxecto Iconoscopio.

Rodado no límite da provincia de Zaragoza, como sempre con equipo mínimo (3 persoas).

Neste vídeo mesturamos imaxes HDV con planos gravados cunha cámara de fotos compacta.

A posproducción e montaxe están totalmente resoltos en FinalCut, o que nos deu bastante dor de cabeza á hora de masterizarlo.

Fantasy, é un tema de Citizen,  a dirección de fotografía de Ricky Morgade, e diante da cámara…

Poder ver fotos da rodaxe nesta entrada

0

Watermelon // Iconoscopio #5

Tras esta breve pausa, aquí chega o quito Iconoscopio, con música de Gratis!

Para a produción deste vídeo construíuse especificamente o CascoWatermemelon™. (do que xa che comentamos algo). Un casco en cuxo interior soa a canción de Gratis!, ademais de incorporar un sistema de flash discoteca.Este casco consegue espertar en quen o usa, un sentido do ritmo e enerxía para bailar descoñecidos para os propios usuarios.

Este vídeo está baseado case totalmente no casco e a posproducción, deixando na mínima expresión a rodaxe.

apetéceche probalo?

0

Feliz 2010 // Iconoscopio #4

DSK (Juan Lesta & Belén Montero), e Esferobite desexámosvos un feliz 2o10.

A música é do estudo mestre en circuit bending Dio3Stu, que tamén vos desexan un feliz ano.

3

Crk.29 // Iconoscopio #3

Aquí chega o terceiro Icononoscopio. Con música de Suero: Crk.29.Obras, guindastres, taladradoras, escavacións, ruído, destrución… son algúns dos conceptos ameazantes do mundo da construción, que se propaga como un cancer, coa súa capacidade destrutiva a todos os niveis, alá onde se estende a sociedade humana.Grabado nos arredores da Coruña, nesta ocasión traballamos con Bertitxi (Alberto Díaz) como director de fotografía.

1

de Katanga a O Agra // Iconoscopio #2

Novo Iconoscopio, a partir da música enviada por Os Gru, De Katanga a O Agra.

Para este vídeo utilizamos o arquivo de imaxes de festas e eventos populares que recollimos durante  este verán.

Pulpeiras, sardiñas, misas, carruseis…

Como curiosidade técnica, todo o vídeo gravouse cunha cámara de fotos compacta, con HD (720p).