2

Uncertainty // Iconoscopio #10

Auga, luz, chorros, cores, atomizadores, conxugados cos ambientes sonoros de Jap Jap, son os elementos que utilizamos para crear este novo vídeo, no que as texturas de vídeo e as sonoras mestúranse sincronicamente nun novo traballo no que partimos de imaxes rodadas na Fonte máxica de Montjuic en Barcelona, e no que buscamos crear un resultado totalmente sincronizado co tema musical, e á súa vez, descompor as imaxes até case perder a referencia coa fonte orixinal.

Con Uncertainty alcanzamos xa os 10 Iconoscopios, esperamos que vos guste.

0

O iconoscopio cumpre 88 anos

Non nos referimos a este videblog, obviamente, senón ao invento orixinal de Vladimir K. Zworykin, o primeiro sistema de captación electrónico de imaxes, o iconoscopio, que tamén dá nome ao noso proxecto a modo de homenaxe ao invento que supuxo o inicio da televisión, as retransmisións e o audiovisual como hoxe coñecémolo.

Tal día como hoxe, hai 88 anos Vladimir K. Zworykin entregaba na oficina de patentes Estados Unidos o seu proxecto de «Televisión system»que se baseaba no iconoscopio, que é un aparello como o da cabeceira deste videoblog, e que se montou en todas as cámaras do mundo até ben entrados os anos 80.

Por se vos interesa o tema, deixámosvos unhas ligazóns interesantes:
Patente de Vladimir K. Zworykin

Biografía de Vladimir K. Zworykin
Que é un Iconoscopio

1

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars

Uncertainty : Jap Jap

Acábase o verán e volvemos pór en marcha Iconoscopio.

Hoxe presentámosvos un tema de Jap Jap, nome do proxecto musical en solitario de Jasper Boer, un compositor dos Paises Baixos, que seguimos desde os seus inicios en 2006.

Jap Jap é para nos un referente no ambient ou IDM actual, coa particularidade de incluír voces en moitos dos seus temas.

Enviounos «Uncertainty» un adianto do novo disco «The Ever Expanding Light» que sacará en outubro e do que xa podes escoitar algo na súa web.

Jap Jap  é o primeiro artista de fala non hispana que nos envía unha canción, o que nos fai especial ilusión, xa que de momento o blog non ten versión inglesa, así que esta entrada imos traducila excepcionalmente ao inglés.

Como toda a música de Jap Jap, este tema transmítenos relaxación, ambientes e texturas etéreas, que evocan cheas de imaxes, paisaxes…

A vós que vos evoca?, que imaxes poriádeslle a esta canción?

Pag Pag
<< >>