En Iconoscopio, traballamos a partir de músicas que nos enviades a través deste blog.
Unha vez seleccionada unha música, creamos un minivídeo de produción rápida, en función do que nos suxira esa música. Para tratar de centrar o máximo posible o traballo, propoñemos unha serie de temas de partida.
Unha técnica, un tipo de paisaxe, ou un son, poden ser suficiente para definir un “tema” e para animar a calquera músico que o desexe a enviar unha canción.
Como arranque definimos catro temas. Estes iranse modificando ou pechando segundo sexa a resposta dos músicos, e das cancións recibidas.
Lembra que calquera pode enviar unha canción a Iconoscopio.
0
Paisaxe urbana
Galicia é tradicionalmente un país no que a diseminación da poboación sempre foi unha constante, facendo que predominase a existencia de microaldeas, ou poboacións moi pequenas e espalladas, en detrimento da formación de grandes estruturas urbanas.
0
Paisaxe rural/mariña
Dentro deste tema abordaránse as claves que definen e fan única a paisaxe galega, pero fuxindo dunha visión enxebre e paisaxística, e abordando cuestións como a urbanización da paisaxe, o feismo, a orografía e costumes propias da Galicia rural, e tódolos signos de identidade que poidamos atopar nunha mirada fora do tópico turístico.
Non hai máis propostas.