">

0

Curtis // Iconoscopio #7

Novo vídeo, con música de autoy, unha das primeiras cancións que recibimos ao pouco de pór en marcha este videoblog.

Este vídeo está gravado durante varios das nosas viaxes entre Barcelona e A Coruña, desde o coche, cunha cámara disparando fotos con intervalómetro.  

A viaxe representa unha xornada de sol a sol, viaxando desde a saída do sol desde o mar, até o solpor tamén no mar. Unha viaxe de leste a oeste.

Comezou a xestarse hai varios meses, e desenvolvemos tanto a idea a nivel conceptual como técnico, e para iso probamos diversas cámaras, sistemas de intervalómetro, etc.

Ao ver que a idea tomaba forma e non facía máis que avanzar de modo autónomo ao engadirlle novas opcións como xeoposicionamento, ou maior calidade e velocidade nos fotogramas, decidimos que o proxecto tiña a suficiente entidade  como para non quedar só nun vídeo deste videblog, así que decidimos darlle vida propia máis aló de seren o *Iconoscopio #7.

Desde o nacemento deste videoblog, considerámolo entre outras cousas un laboratorio de ideas, ideas que nalgúns casos quedarán en «iconoscopios», e que noutros casos serán o xerme de proxectos maiores como este caso, no que a partires de Curtis xorde un novo proxecto autónomo, que nun par de meses verá a luz: Peninsula X-Y.

Manterémosvos informados.

Comments are closed.

Dentro del tema:

06/Ago Convocatoria Square Religion 0

27/Abr Coda seleccionado no Curtocircuito e Nontzeberri 0

26/Dec Uncertainty // Iconoscopio #10 2

19/Xul Fotos de rodaxe de Sonrisas y lágrimas 0

24/Xuñ Miniconcerto de The big head troubled boy 0

04/Xuñ Coda // Iconoscopio #9 0

03/Xuñ Presentación do Iconoscopio #9 CODA en Terrassa 0

16/Mai Coda de The Big Head Troubled Boy, seleccionada en Interferències’10 0

30/Mar Sonrisas y lágrimas // Iconoscopio #8 0

27/Xan Cancións seleccionadas convocatoria Terrassa 1

07/Xan Zaga : 2minutos 2

03/Xan Ampliación prazo Terrassa Interferències’10 0

31/Dec Logical Disorder : Störungen 1

27/Dec Gañador 1ª convocatoria Iconoscópica A Coruña 0

17/Dec Voadora : Bailar en bolas + Periferia de tu amor 0