0
Voadora : Bailar en bolas + Periferia de tu amor
Bailar en bolas |
Periferia de tu amor |
Hoxe publicamos a derradeira canción preseleccionada para a 1ª convocatoria Iconoscópica para bandas da Coruña antes de dar a coñecer o gañador.
Dous temas de Voadora, unha compañía de teatro que dá unha importante relevancia á música na súa moi recomendable espectáculo de teatro musical Super8.
Casualmente tivemos oportunidade de ver esta obra o pasado mes en Granollers, e pareceunos realmente boa, do mesmo xeito que a música que compuxeron para a mesma.
Envíannos dous temas en distinta clave, unha balada surrealista (Periferia do teu amor) e un tremendo hit (Bailar en bólas) no que fan unha irónica crítica ás reunións internacionais tipo G8.
Como nos advertiron ao envialas, de momento son unha “maqueta caseira”, e realmente teñen son 100% maqueteiro. Esperamos impacientes unha gravación profesional de todos os seus temas.
Non vos perdades Super8 se se achegan á túa cidade.