0
Cómo é que se financia isto?
p>
Nun principio Iconoscopio recibiu apoio da GADIC (Axencia Galega dás industrias culturais), esta permitiunos poñer en marcha o proxecto, e mantelo en funcionamento durante uns meses. A partir de aquí, nós a título persoal, e o apoio de Esferobite (a nosa produtora) serán a base para buscar novas vías de financiamento mediante patrocinios, publicidade, mostras, expos, venda de materiais, etc. En parte unha das motivacións deste proxecto é a de buscar novas canles creativas e tamén de explotación e rendibilización dos nosos traballos. Sobre todo nun momento no que o videoclip e o vídeo de creación deben de reinventarse para buscar novas canles de financiamento, á marxe dos tradicionais, que demostraron ser caducos, ineficientes e sobre todo non promover a creatividade.