1
Quete McFly : Sonrisas y lágrimas
Acabamos de pechar a 1ª Convocatoria Iconoscópica para músicos coruñeses, pero antes de decidir quen é o seleccionado, imos seguir mostrando os temas que nos gustaron máis de entre os recibidos, e que preseleccionamos.
Hoxe toca cambio de estilo. Por Iconoscopio ten pasado música experimental, electrónica, pop, ambient… e agora tócalle ao Hip Hop a cargo do coruñés Quete McFly, que nos enviou un interesante tema.
A verdade é que o Hip Hop, é posiblemente un dos xéneros que mellor se adapta ao noso formato de dous minutos, e proba diso é este Sonrrisas y lágrimas.
Como toda estrela do Hip Hop, Quete McFly ten no seu MySpace unha biografía en grao sumo peliculera, na que mestura a penitenciaría en USA, con partidas de Risk con, Torrebruno?… realidade ou ficción, o caso é que desde o 2008 sacou unha maqueta (En plan quedada), unha demo (Get to the top) e o seu recente traballo Just to get a R.I.P. tributo aos clásicos Gang Starr.
[...] navidades en A Coruña, en el Centro cívico de San Diego. El vídeo tiene música de Quete McFly (Sonrisas y lágrimas) que fue el seleccionado en la 1ª Convocatoria Iconoscópica Cidade de A Coruña. Es una obra [...]