0
Cómo podo participar?
Iconoscopio é un proxecto, no que pretendemos experimentar co traballo colaborativo en rede.
Pódese participar de diferentes xeitos:
Enviando unha canción.
É a vía principal de colaboración. Buscamos cancións a partires das que crear pezas de vídeo experimental.
Podes enviar unha canción a través do Formulario de envío
Comentando ou suxerindo o que queiras.
Os comentarios están abertos en calquera entrada do videoblog. Podes comentar a túa opinión sobre un vídeo, unha canción ou calquera entrada que fagamos. TODAS serán benvidas.