">

0

Participa na gravación de Watermelon

Queres participar na gravación dun Iconoscopio?

Este venres,  na presentación da revista online de Hangar podes facelo.

Para o evento, necesitaremos que os asistentes participen bailando o tema de Gratis! co casco WATERMELON,  un espectacular casco creado especialmente para este vídeo.

O material gravado, formará parte do noso seguinte Iconoscopio.

O evento terá lugar no Espai UBU en Barcelona, este venres 18 a partir das 20:30h.

Esperámosvos!!

">

0

Watermelon : Gratis! – Nova canción

p>

logo_gratis

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Gratis! é un grupo recen formado, cuxos compoñentes teñen unha ampla traxectoria muscial.

Os compoñentes de Gratis! son: DJ Kinki (Ex Dry Flies, Ex Little fish), Lupo (Ex Olimpic) e Also Starring (Ex Alma X, Ex Feel Action).

What are you doing tonight

I want to be a watermelon tonight

Have you brougth those seeds

Yes they are usually awesome

Its fab

I want to be a watermelon tonight

Push my melons

Quedámonola e comezamos a traballar xa! no vídeo.

">

0

Gravación de Fantasy

p>

Acabamos de estar a gravar un novo Iconoscopio, en concreto o da canción Fantasy de Citizen.

Recorremos a unha historia localizada nun lugar no que nos fixaramos hai moito tempo, e que ambientará unha historía hostil e estraña.

Aínda que o lugar poida parece remoto e afastado, está máis próximo e accesible do que parece… nuns días a resposta.

">

0

Grabación de De Katanga ao Agra

Nestes momentos estamos a rematar a posprodución do vídeo de De Katanga ao Agra de Os Gru.
Para ir dando pistas de por onde vai, deixamosvos unhas fotos tomadas durante a gravación.
O vídeo, vira nuhas horas.

">

0

Fantasy : Citizen

Recibimos nova canción.

Neste caso un épico e gris tema de Citizen.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Citizen é un dos diversos proxectos do Galego afincado en Barcelona Manuel Romero, que formou grupos clásicos da escena tecno noventera hispana como Feel Action do que realizamos un vídeoclip (Todo Cambiará) hai xa 10 anos!!.

Podes atopar as súas creacións musicais na actualidade tamén como John F. Kalasnikov, ou aos pratos como Dj Feel.

Tamén recomendamos, aínda que se saia algo do tema, non deixar de visitar a súa galería como deseñador gráfico.

">

0

de Katanga a O Agra : Los Gru

Seguimos recibindo interesantes cancións. Neste caso, un tema de OS GRU, unha parella multidisciplinar que tanto lle dan ao circuit bendig, organizan unhas xornadas de vídeo, ou fan estas interesantes músicas, algunhas con vídeos memorables.

Neste caso envíannos este tema inspirado no ambiente urbano coruñés, máis típico e tópico.

de Katanga a O Agra : Os Gru

Extraradio, barrios marxinais… son ideas que xorden con este título.

De momento deixámola aquí, esperamos as vosas ideas e comentarios para decidir se seleccionámola ou non.

[...]

">

3

Rodaxe Crk.29

Onte saímos a rodar imaxes para o vídeo da canción de Suero Crk.29.

A idea de saída era a de buscar imaxes nas que as máquinas das obras aparecesen ameazantes, e invasoras do espazo vital.

[...]

">

0

crk.29 : Suero

Recibimos xa a terceira canción.

Neste caso é un tema de Suero, un músico que leva anos explorando as texturas dos sons industriais, tanto electrónicos, como os máis orgánicos. Todo isto en diversos proxectos nos que participou en España e Reino Unido.

O tema que nos suxire unha átmosfera dura, escura e mesmo agresiva, bautizouse como crk.29

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

que vos parece?

">

2

Grabación Eirasvedras

IMG_0913

Onte comezamos coa primeira xornada de gravación en Iconoscopio co tema de Emilio José, Eirasvedras.

Saímos cedo pola mañá e recollimos en Santiago ao operador/director de foto (Juan Morgade).

Cara a Ourense sabiamos que nos esperaba un día caloroso, pero non tiñamos nin idea do que nos esperaba.

O primeiro que fixemos foi dar unha volta polo mismo Eirasvedras… pero a verdade é que non acabamos de atopar demasiada inspiración no lugar. Totalmente rodeado de naves, muros de cemento e carreteiras principais, xa queda pouco da aldea que debeu de ser anos atrás.?

Optamos por ir directamente a visitar as termas a carón do Miño, e centralizar a rodaxe alí mesmo.

Tras unhas cantas voltas chegamos ás termas de Chavasqueira, e alí quedamos todo o día.

Sacamos aos nosos protagonistas e comezamos a gravar baixo un sol que non desexamos a ninguén (para traballar).

Pola tarde pasamos o peor, pois era cando nos tiñamos que  meter nas termas para seguir rodando.

Sol a 35-40º e chapuzón en auga a 42º: o resultado non é necesario describilo.

Ao solpor, que no rio é cedo, rematamos a rodaxe, xa ao borde da lipotimia.

Esperamos poder comezar a posprodución en breve.

">

0

Eirasvedras : Emilio José

Segunda canción que recibimos e outra máis seleccionada para realizar un vídeo.

Trátase dun precioso tema de Emilio José, que fala dunha moza de preto de Eirasvedras (Ourense), do fin de semana…

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

“Preto de Eirasvedras, vive unha rapaza moi linda, simple e suave, tralará…

Finde in the morning, o Miño vai baixiño e os peixes son golfiños, tralará…

Ipod de 13 xigas, Slum Village, Tim Maia, Coca-cola e vídeos de Salnikov…

Os coches pasan lentos, son flores na beira do camiño que ela roza cos seus pés…”

">

0

Curtis : autoy

Xa temos a primeira canción para comezar a traballar.

Trátase de Curtis, un tema de autoy, un músico Coruñes, co que traballamos en anteriores ocasións.

Preséntanos un tema dedicado ao lugar de Curtis, co que está relacionado familiarmente.

Seleccionamos esta canción dentro do TEMA, paisaxe urbana-rural, xa que nos suxire certo concepto country, pero con cheiro a grelos, e electrónica.

Podes descargar unha breve bio de autoy aquí (PDF 600K)

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Esperamos as vosas opinións e votacións sobre a primeira canción que publicamos :-)