2

Grabación Eirasvedras

IMG_0913

Onte comezamos coa primeira xornada de gravación en Iconoscopio co tema de Emilio José, Eirasvedras.

Saímos cedo pola mañá e recollimos en Santiago ao operador/director de foto (Juan Morgade).

Cara a Ourense sabiamos que nos esperaba un día caloroso, pero non tiñamos nin idea do que nos esperaba.

O primeiro que fixemos foi dar unha volta polo mismo Eirasvedras… pero a verdade é que non acabamos de atopar demasiada inspiración no lugar. Totalmente rodeado de naves, muros de cemento e carreteiras principais, xa queda pouco da aldea que debeu de ser anos atrás.


Optamos por ir directamente a visitar as termas a carón do Miño, e centralizar a rodaxe alí mesmo.

Tras unhas cantas voltas chegamos ás termas de Chavasqueira, e alí quedamos todo o día.

Sacamos aos nosos protagonistas e comezamos a gravar baixo un sol que non desexamos a ninguén (para traballar).

Pola tarde pasamos o peor, pois era cando nos tiñamos que  meter nas termas para seguir rodando.

Sol a 35-40º e chapuzón en auga a 42º: o resultado non é necesario describilo.

Ao solpor, que no rio é cedo, rematamos a rodaxe, xa ao borde da lipotimia.

Esperamos poder comezar a posprodución en breve.

  1. fur alle falle 24 Setembro 2009 ás 18:19 p.m. #

    pero el rio Miño estaría frio, no?

  2. Juan Lesta 24 Setembro 2009 ás 22:07 p.m. #

    Allí me fui corriendo, después de meter el pié en la poza más caliente… ¡qué dolor!


Dentro del tema:

09/Nov Eirasvedras // Iconoscopio #1 5

23/Set Eirasvedras : Emilio José 0