Warning: require() [function.require]: open_basedir restriction in effect. File(/opt/plesk/php/5.2/share/pear/lib/eg-plugin.inc.php) is not within the allowed path(s): (/var/www/vhosts/iconoscopio.net/:/tmp/) in /var/www/vhosts/iconoscopio.net/httpdocs/wp-content/plugins/eg-series/eg-series.php on line 37

Warning: require() [function.require]: open_basedir restriction in effect. File(/opt/plesk/php/5.2/share/pear/eg-series-public.inc.php) is not within the allowed path(s): (/var/www/vhosts/iconoscopio.net/:/tmp/) in /var/www/vhosts/iconoscopio.net/httpdocs/wp-content/plugins/eg-series/eg-series.php on line 53
Iconoscopio » +INFO

Iconoscopio é un videoblog no que se crean pequenos vídeos a partir de músicas que cualquera pode enviar.
Tratase dun proxecto no que se busca a experimentación con novos métodos de creación colaborativos en red, e no que continuamo lo noso traballo de creación de vídeo experimental a partires de composicións musicais.

O formato é o dun videoblog normal, ao que engadimos un par de fases previas. Unha na que proporemos TEMAS, e outra na que recibiremos cancions que calqueira poderá enviarnos. Tras isto produciremos los vídeos.

O sistema é moi sinxelo:
Nós propoñemos un TEMA, e animamos a calquera músico que queira a enviarnos unha canción que se axuste ou lle inspire devandito tema.
De entre todas as músicas recibidas, seleccionaremos as que nos parezan máis adecuadas para traballar ou que nos inspiraron claramente un vídeo.
Unha vez que temos a música comezaremos o proceso de produción do vídeo correspondente, que iremos publicando no blog. Cando o vídeo estea rematado publicarémolo na portada de Iconoscopio.

Durante todo o proceso creativo, alentaremos o debate dentro do blog, permitindo que calquera poida votar por unha música, opinar sobre o que desexe, dar ideas nas fases de preproducción dun vídeo, etc.

O proxecto está dirixido e producido por Juan Lesta, compoñente de DSK.
Os vídeos estarán dirixidos por DSK (Juan Lesta & Belén Montero)
O proxecto ten o apoio e soporte técnico da produtora Esferobite, empresa creada hai dez anos por Juan Lesta e Belén Montero.
O desenvolvemento web e a programación son de Pablo Díaz, de Onetune, coa coordinación e concepto de Juan Lesta.

O equipo técnico que traballarán en cada vídeo será variábel, e irase comunicando en cada caso, fóra diso a dirección que sempre será de DSK.

Iconoscopio é un proxecto, no que pretendemos experimentar co traballo colaborativo en rede.

Pódese participar de diferentes xeitos:

Enviando unha canción.
É a vía principal de colaboración. Buscamos cancións a partires das que crear pezas de vídeo experimental.
Podes enviar unha canción a través do Formulario de envío

Comentando ou suxerindo o que queiras.
Os comentarios están abertos en calquera entrada do videoblog. Podes comentar a túa opinión sobre un vídeo, unha canción ou calquera entrada que fagamos. TODAS serán benvidas.

p>

Aceptamos calquera tipo de música, calquera técnica ou estilo, con voz, sen ela, clásica, tecno, techno, rock, zarzuela… estamos abertos a escoitalo todo.

O único requisito é que non deben de superar os dous minutos.
No se aceptan versions, remixes, arranxos, nin cancions cuxa maior parte estéa baseada en sampleos de outros artistas.

Técnicamente, preferimos recibilas en formato MP3 a 192kbps.

Decidimos poñer en marcha este proxecto, por varias razóns que fixeron que o videoclip tradicional se convertera nun formato pouco apetecible.

Dende hai anos descubrimos que as fronteiras entre videoarte e videoclip eran moito menos definidas do que en principio parecía. De feito en 1999 con Dualidad, un vídeo para Prozack, obtivemos varios premios de vieocreación, mentres que o vídeo foi producido baixo as premisas dun videoclip convencional, iso si, encargado por unha discográfica independente como era Elefant Records.

Pag

Se aínda tes algunha dúbida ou curiosidade, non dubides en contactarnos: