1
Uncertainty : Jap Jap
Acábase
o verán e volvemos pór en marcha Iconoscopio.
Hoxe presentámosvos un tema de Jap Jap, nome do proxecto musical en solitario de Jasper Boer, un compositor dos Paises Baixos, que seguimos desde os seus inicios en 2006.
Jap Jap é para nos un referente no ambient ou IDM actual, coa particularidade de incluír voces en moitos dos seus temas.
Enviounos “Uncertainty” un adianto do novo disco “The Ever Expanding Light” que sacará en outubro e do que xa podes escoitar algo na súa web.
Jap Jap é o primeiro artista de fala non hispana que nos envía unha canción, o que nos fai especial ilusión, xa que de momento o blog non ten versión inglesa, así que esta entrada imos traducila excepcionalmente ao inglés.
Como toda a música de Jap Jap, este tema transmítenos relaxación, ambientes e texturas etéreas, que evocan cheas de imaxes, paisaxes…
A vós que vos evoca?, que imaxes poriádeslle a esta canción?
[...] Uncertainty : Jap Jap [...]