">

2

Convocatoria Interferències’10 Terrassa

Es músico? Es de Terrassa?

Interferències’10 – Operació supervendas convídache a participar na convocatoria Iconoscópica.

A proposta está dirixida exclusivamente a músicos de Terrassa que nos envíen as súas creacións.

A partires da canción seleccionada de entre todas as recibidas, DSK creará un vídeo buscando a inspiración e experimentación visual na música de Terrassa.

Realizarase unha investigación  sobre a mercadotecnia viral, e lanzaremos unha campaña de difusión co vídeo resultante, todo iso vinculado á cidade de Terrassa.

Todo o proceso desta convocatoria, desde a selección de temas, realización do vídeo e campaña viral, formará parte da exposición Interferències’10 – Operació supervendas que terá lugar en 2011 en Terrassa.

Quen pode enviar música? só músicos ou grupos de Terrassa, en caso de grupos, o 50% dos compoñentes do mesmo teñen que ser residentes ou naturais de Terrassa, ou ben estar inscritos en Bucs Baumman.

Como teñen que ser as músicas? Acéptase calquera tipo de música, calquera técnica ou estilo, con voz, sen ela, clásica, tecno, techno, rock, zarzuela… o único requisito é que non deben de superar os dous minutos, e que sexan totalmente orixinais. Non se aceptan versións, remisturas, arranxos, nin cancións cuxa maior parte estea baseada en creacións ou sampleos doutros artistas.

O prazo para enviar a túa música ábrese o 1 de decembro e termina o 31 do mesmo mes xusto antes de que dean as uvas.Podes enviar ti canción desde este formulario.

A participación na convocatoria supón a aceptación das bases.

  1. [...] Ho vaig trobar en un bar. Organitzat per Terrassa Arts Visuals, Iconoscopio fa pública la Convocatòria Terrassa 2010. Es tracta d’una iniciativa dirigida a músics de Terrassa. Només cal que envieu les vostres [...]

  2. [...] Operació supervendes, El éxito. En este caso Iconoscopio presentará el vídeo resultado de la Convocatoria Iconoscopica Terrassa, en la que resultó seleccioanda la canción Coda, de The Big Head Troubled Boy. Además del [...]


Dentro del tema:

06/Ago Convocatoria Square Religion 0

27/Abr Coda seleccionado no Curtocircuito e Nontzeberri 0

26/Dec Uncertainty // Iconoscopio #10 2

19/Xul Fotos de rodaxe de Sonrisas y lágrimas 0

24/Xuñ Miniconcerto de The big head troubled boy 0

04/Xuñ Coda // Iconoscopio #9 0

03/Xuñ Presentación do Iconoscopio #9 CODA en Terrassa 0

30/Mar Sonrisas y lágrimas // Iconoscopio #8 0

27/Xan Cancións seleccionadas convocatoria Terrassa 1

07/Xan Zaga : 2minutos 2

03/Xan Ampliación prazo Terrassa Interferències’10 0

31/Dec Logical Disorder : Störungen 1

27/Dec Gañador 1ª convocatoria Iconoscópica A Coruña 0

17/Dec Voadora : Bailar en bolas + Periferia de tu amor 0

14/Dec (Su nombre aquí) : you´ll see sun soon 0