">

0

Para qué?

Decidimos poñer en marcha este proxecto, por varias razóns que fixeron que o videoclip tradicional se convertera nun formato pouco apetecible.

Dende hai anos descubrimos que as fronteiras entre videoarte e videoclip eran moito menos definidas do que en principio parecía. De feito en 1999 con Dualidad, un vídeo para Prozack, obtivemos varios premios de vieocreación, mentres que o vídeo foi producido baixo as premisas dun videoclip convencional, iso si, encargado por unha discográfica independente como era Elefant Records.
Isto animounos a seguir a traballar no campo do videoclip e a videocreación, tratándoos sempre coma algo inseparable, aínda que en moitos casos o videoclip non nos permitise saír duns estándares preconcebidos.

A chegada de internet á música e o conseguinte descalabro das discográficas fixo que os orzamentos e condicións de traballo no noso país caesen en picado, ata chegar a un punto na actualidade no que poucos artistas teñen orzamentos razoables para producir os seus vídeos, e no que as expectativas e esixencias á hora de traballar con orzamentos ridículos fixéronse inasumibles.

Neste punto, xa hai anos que comezamos a traballar con músicas de encarga, para producir pezas de vídeo que experimentaban a hibridación entre formatos como a videodanza, o trailer de películas, a creación de vídeo en tempo real e o videoclip, e froito disto xurdiron traballos como Estiven en Galicia e lembreime de ti, e A25 horas do crack, A Millonaria.

Outra cuestión que levounos a buscar novos formatos e formas de traballo, foi que no mundo do videoclip, o director non é o “dono” do vídeo. O videoclip pertence á discográfica, e legalmente non tes dereito a programalo nin difundilo sen o seu permiso, tampouco participas de ningún dos beneficios que este xere, nin tan sequera en concepto de dereitos de autor, xa que a SGAE non considera por defecto ao director dun videoclip autor do mesmo.

Ante un panorama no que apenas se cobra por facer un videoclip (cando se cobra), non tes liberdade creativa, non se che considera autor do mesmo, e non tes control sobre a vida do vídeo… ¿ten sentido seguir facéndoos?.

Cremos que non, e que é necesario buscar novos camiños e plataformas de creación, para unha forma de traballar que sempre nos emocionou, e na que cremos: poñer imaxes á música.

Comments are closed.

Dentro del tema:

06/Ago Convocatoria Square Religion 0

27/Abr Coda seleccionado no Curtocircuito e Nontzeberri 0

26/Dec Uncertainty // Iconoscopio #10 2

19/Xul Fotos de rodaxe de Sonrisas y lágrimas 0

24/Xuñ Miniconcerto de The big head troubled boy 0

04/Xuñ Coda // Iconoscopio #9 0

03/Xuñ Presentación do Iconoscopio #9 CODA en Terrassa 0

16/Mai Coda de The Big Head Troubled Boy, seleccionada en Interferències’10 0

30/Mar Sonrisas y lágrimas // Iconoscopio #8 0

27/Xan Cancións seleccionadas convocatoria Terrassa 1

07/Xan Zaga : 2minutos 2

03/Xan Ampliación prazo Terrassa Interferències’10 0

31/Dec Logical Disorder : Störungen 1

27/Dec Gañador 1ª convocatoria Iconoscópica A Coruña 0

17/Dec Voadora : Bailar en bolas + Periferia de tu amor 0