1
Logical Disorder : Störungen
Despedimos o ano, publicando a primeira das cancións preseleccionas na convocatoria para músicos de Terrassa.
E comezamos cun tema de Logical Disorder, que nos chegou ás poucas horas de abrir a convocatoria.
Logical Disorder fai música ambiental, escura, industrial… pero creo que nada mellor que a presentación que o mesmo artista nos enviou para definir o seu estilo: “Logical Disorder é o alcume que Javier Barrero usa para vomitar os seus sentimentos de paranoia, totalitarismo e resistencia da esperanza. Educado na escena netlabel e lonxe do circuíto comercial, practica electrónica de fío industrial. A súa visión da música ten dúas caras, unha cun espectro de luz que quere ser tranquilizador. A outra é mais complexa, consiste nunha maquinaria e unha mente torturada e decadente.”
A nós parécenos unha aposta arriscada e interesante, e recomendámosvos que vos pasedes pola súa web a ver e escoitar máis cancións, vídeos, fotos, do seu especial mundo.
Un honor ser el primero
Saludos!