">

3

Rodaxe Crk.29

Onte saímos a rodar imaxes para o vídeo da canción de Suero Crk.29.

A idea de saída era a de buscar imaxes nas que as máquinas das obras aparecesen ameazantes, e invasoras do espazo vital.

A verdade é que grazas ao Plan~E resultou realmente sinxelo atopar esas imaxes.

Previamente tiñamos localizadas varias obras que polas máquinas e localizacións eran atractivas, pero a nosa sorpresa foi descubrir a obra que hai na Coruña fronte a Pocomaco, e sobre as vías do tren que tamén están en obras. É unha obra xigantesca, na que unha montaña estase a converter en algo que polo momento non se sabe ben o que será, pero que mete medo pola envergadura de todo o que alí se move.

Pero tamén atopamos cantidade de obras practicamente paradas, con grúas que parecían cadáveres, e obreiros durmindo nas cabinas.

Na galería podedes ver unha selección de momentos da rodaxe, que por certo, neste caso tiña como director de fotografía a Alberto Díaz “Bertitxi”.

  1. Pabliño 30 Setembro 2009 ás 14:49 p.m. #

    Mucha suerte! Ese depósito de agua me suena familiar…

  2. DSK (Juan Lesta) 5 Outubro 2009 ás 12:28 p.m. #

    Pues no es el que te piensas sino este otro [enlace] :D

  3. admin 14 Novembro 2009 ás 16:11 p.m. #

    vaya! ;)


Dentro del tema:

24/Set crk.29 : Suero 0